Terraverso: onde a literatura do noso rural se converte en ciencia viva.

Terraverso é un proxecto de cultura científica ACTS que busca abrir as casas-museo de escritores e escritoras galegas para transformalas en espazos de encontro onde crear, aprender e investigar xunto coa veciñanza, a través do diálogo con artistas, xestores do patrimonio e mediadores culturais.

  • Terraverso parte dunha premisa principal: o patrimonio non é algo a gardar nunha vitrina e contemplar, senon algo ao que lle hai que dar vida e dinamizar. Terraverso é un proxecto baseado no acompañamento ás comunidades e entidades patrimoniais do rural galego, vencelladas á literatura, neste proceso.

    Está liderado por un equipo interdisciplinar de investigadores e investigadoras da universidade da Coruña, en colaboración con ACAMFE (Asociación de Casas-Museo e Fundacións de Escritores) e financiada pola FECYT.

    O noso obxectivo é transformar as casas-museo de escritores e escritoras situadas no rural en espazos de diálogo e coñecemento sobre a cultura e o patrimonio. Queremos transformalas en laboratorios vivos: lugares onde veciños, artistas e científicos traballan man a man para investigar, crear e compartir coñecemento de forma colectiva.

    Traballamos nun proceso dinámico que une:

    • Ciencia. Investigamos coa veciñanza que impacto e que valor ten a literatura e a historia na súa propia vida e na súa contorna.
    • Arte. Organizamos obradoiros onde os creadores e a xente do pobo inventan e crean pezas artísticas xuntos.
    • Tecnoloxía. Usamos mapas dixitais, webs e ferramentas interactivas para que a nosa cultura chegue máis lonxe.
    • Sociedade. Creamos contidos educativos, divertidos e dixitais que calquera persoa pode consultar, escoitar e descargar gratis.

    O que aprendamos e creemos aquí non quedará illado; servirá como un modelo para que moitos outros museos e vilas rurais poidan facer o mesmo.

Terraverso: onde a literatura do noso rural se converte en ciencia viva.

Terraverso é un proxecto de cultura científica ACTS que busca abrir as casas-museo de escritores e escritoras galegas para transformalas en espazos de encontro onde crear, aprender e investigar xunto coa veciñanza, a través do diálogo con artistas, xestores do patrimonio e mediadores culturais.

Terraverso parte dunha premisa principal: o patrimonio non é algo a gardar nunha vitrina e contemplar, senon algo ao que lle hai que dar vida e dinamizar. Terraverso é un proxecto baseado no acompañamento ás comunidades e entidades patrimoniais do rural galego, vencelladas á literatura, neste proceso.

Actualidade