Equipo científico e de coordinación


María Andrade Suárez

É profesora do Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC e coordina o Grupo de Estudos Territoriais (GET). A súa traxectoria sitúase na intersección entre socioloxía, patrimonio, cultura científica e territorio. A súa experiencia inclúe a co-dirección do Curso de Verán sobre turismo na sociedade global, a participación na G-Night Galicia (Noite Europea dos Investigadores) e a implicación no programa de difusión da oferta académica da UDC «Entra no Futuro». Participa no Día da Ciencia na Rúa (A Coruña) achegando a investigación sociolóxica mediante dinámicas participativas e materiais interactivos. Forma parte do programa Inspira STEAM (U. Deusto) como mentora e coordina traballos STEM-BACH vinculados á socioloxía da cultura e á relación entre ciencia e sociedade, colaborando tamén con medios de comunicación para facer accesibles os resultados de investigación.


Iria Caamaño Franco

É Doutora en Dirección e Planificación do Turismo pola UDC coa distinción internacional tras unha estancia predoutoral no Centro ISMAI en Portugal (2017). É profesora do Departamento de Socioloxía na Facultade de Turismo da UDC. As súas principais liñas de investigación céntranse no impacto e papel do turismo no desenvolvemento local desde a súa ampla visión. É Directora da Revista ROTUR; profesora responsable de calidade da Facultade de Turismo; Coordinadora de Prácticas no Máster de Turismo e Directora do Curso de Verán de Turismo da UDC.


Teresa Piñeiro Otero

Licenciada en Publicidade e Doutora en Comunicación (Universidade de Vigo). É profesora do Área de Comunicación Audiovisual e Publicidade da UDC e docente do Máster Interuniversitario de Patrimonio Digital (UDC e Universidade de Santiago de Compostela) e do Máster de Marketing Digital (USC). Coordinadora del Grupo de Investigación “Ciudadanía Digital”, foi directora del Centro de Estudos de Xénero e Feministas UDC (2017-2024). Enfocou a súa investigación ás estratexias multimedia e ás novas manifestacións e fenómenos comunicativos no ámbito dixital, con especial atención ao xénero. Na actualidade é Adxunta de Comunicación, Vicerreitoría de Divulgación, Cultura e Deporte (UDC).


Manuel García Docampo

É Doutor en Socioloxía e Profesor Titular, adscrito ao Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC. Entre as súas liñas de investigación destaca a Socioloxía do Territorio. Actualmente participa en varios proxectos de investigación, Erasmus+ e contratos de transferencia do coñecemento, como o estudo para a Remodelación da Planta Local Galega. É membro do Comité Editorial da Revista de Arquitetura Cidade e Habitaçao e participa como revisor de varias revistas.


Francisco Alberto Varela García

Dr. Enxeñeiro de Camiños, C. e P. membro desde 2003 no Grupo de Investigación de Visualización Avanzada e Cartografía da UDC e Director do Departamento de Enxeñería Civil da UDC. A súa actividade de investigación está relacionada co análise e planificación de infraestruturas, servizos e recursos territoriales aplicando tecnoloxías da información xeográfica en múltiples ámbitos, incluído o patrimonio cultural e turístico, participando en máis de 30 proxectos de I+D+i financiados en convocatorias competitivas, e en case un centenar de proxectos no competitivos, colaborando con máis de 50 entidades financiadoras distintas, incluíndo organismos internacionais.


Estefanía López Salas

Doutora Arquitecta pola UDC e Máster en Rehabilitación Arquitectónica. A súa investigación céntrase na historia da arquitectura cunha aproximación multidisciplinar que combina fontes históricas, investigación in situ e tecnoloxías dixitais no campo da Historia da Arte e a Arquitectura Digital. É profesora Titular do área de Composición Arquitectónica del Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da UDC.


Noel Castro Fernández

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidad Carlos III e M.A. en Comunicación Visual, especialización en deseño interactivo pola Universidad de Carolina del Norte (Chapel Hill, EEUU). Investigador predoutoral FPU na Universidade da Coruña, desenvolve unha tese sobre o potencial das narrativas dixitais interactivas para xenerar novos vínculos e imaxinarios territoriais en Galicia. Traballou como programador cultural na Cineteca de Madrid e no proxecto educativo Plantando Cara al Fuego (USC), e participou en iniciativas de divulgación como parte do Grupo de Estudos Territoriais da UDC, incluíndo Territorio en Xogo, na feira de Ciencia na Rúa de A Coruña (2025).


Elvira Santiago Gómez

Doutora en Socioloxía, é Profesora Permanente Laboral na UDC, onde dirixe o grupo LAPSO e forma parte de CISPAC e do grupo de innovación docente ACHEGA. A súa investigación céntrase na socioloxía da ciencia, a tecnoloxía e a sociedade, con énfase en riscos ambientais, tecnoloxías emerxentes e participación cidadá. Destaca a súa participación en Terra Creativa, proxecto que articula arte, ciencia e comunidade en contornas rurais, promovendo procesos colectivos de creación e reflexión crítica sobre paisaxes, saberes locais e transicións ecosociais.


Maricarmen Tapia Gómez

Arquitecta doutora en urbanismo, é profesora na Área de Urbanística e Ordenación do Territorio da UDC. Dirixiu e participou en proxectos de investigación sobre o patrimonio cultural, co obxectivo de comprender, conservar e divulgalo. É a fundadora e directora de Crítica Urbana Revista de Estudos Urbanos e Territoriais que ten reunido a case 400 autoras e autores de 31 países para discutir e compartir experiencias en torno a nosos espazos de vida.