Laboratorio de Arte, Ciencia y Comunidad en torno al Patrimonio Literario Rural

O obxectivo principal do proxecto é o de desenvolver unha metodoloxía innovadora e transferible: queremos vencellar o patrimonio literario rural coa ciencia abierta a través de espazos de coñecemento ACTS.

Este enfoque concrétase nunha serie de obxectivos específicos que orientan o desenvolvemento do proxecto e as nosas accións no territorio:

  • Evaluar o impacto sociocultural do patrimonio literario rural.
  • Deseñar unha metodoloxía innovadora de co-creación e transferencia (arte-ciencia-sociedade)
  • Desenvolver estratexias de comunicación inclusiva e transmedia.
  • Despertar vocacións científicas e literarias en persoas novas no rurales.
  • Conectar territorios históricamente desconectados.

Cómo o facemos

Investigación sociolóxica

Analizamos a percepción e o impacto do patrimonio literario no medio rural. É a nosa base empírica.

Co-creación artística interdisciplinar

Artistas, investigadores e comunidades locales transforman este coñecemento en experiencias culturales participativas.

Divulgación e transferencia metodolóxica

Ampliamos o alcance do proxecto e garantimos o seu impacto social, educativo e cultural.

Terraverso non vén «explicar» ou «levar» cultura ao rural. Vén poñer as ferramentas para darlle protagonismo á riqueza que a veciñanza xa ten.

 Traballamos en 5 etapas interconectadas:

Escoita Activa

O que facemos: Falamos coa xente. Analizamos qué significa hoxe a literatura e o patrimonio do/a escritor/a na comarca a través de entrevistas, faladoiros e enquisas.

O papel da veciñanza: achegan os seus recordos, historias, datos e a súa visión do lugar

Obradoiros de co-creación

O que facemos: Artistas, científicos e veciños conviven e traballan xuntos para transformar todas esas historias nunha peza artítsica ou experiencia cultural.

O papel da veciñanza: Participan activamente, propoñen ideas e crean man a man cos artistas.

Plataforma aberta

O que facemos: Crear unha fiestra dixital de acceso libre. Deseñamos a web, mapas dixitais do territorio, recursos, podcasts, rutas con sons nas vilas.

O papel da veciñanza: Escoitan, visitan, contribúen, opinan e comparten o orgullo do seu territorio co mundo.

O legado

O que facemos: Escribimos manuais, guías e materiais educativos gratuítos para que outras casas-museo e comunidades rurais poidan usar este mesmo camiño.

O papel da veciñanza: As súas voces forman parte da investigación e as publicacións, tamén son destinatarias deste proceso.

Voces do territorio

O que facemos: Organizamos concursos de pequenos proxectos para espertar a curiosidade pola ciencia e polas letras entre a mocidade do rural.

O papel da veciñanza: Os mozos e mozas vólvense creadores de contido, autores e líderes da súa propia cultura.

Cronograma

2026-2027 – Diagnóstico participativo

2027-2028 – Procesos de cocreación artística

2026-2028 – Plataforma dixital, comunicación e actividades públicas

2028 – Publicacións, exposicións e peche do proxecto