María Andrade Suárez

É profesora do Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC e coordina o Grupo de Estudos Territoriais (GET). A súa traxectoria sitúase na intersección entre socioloxía, patrimonio, cultura científica e territorio. A súa experiencia inclúe a co-dirección do Curso de Verán sobre turismo na sociedade global, a participación na G-Night Galicia (Noite Europea dos Investigadores) e a implicación no programa de difusión da oferta académica da UDC «Entra no Futuro». Participa no Día da Ciencia na Rúa (A Coruña) achegando a investigación sociolóxica mediante dinámicas participativas e materiais interactivos. Forma parte do programa Inspira STEAM (U. Deusto) como mentora e coordina traballos STEM-BACH vinculados á socioloxía da cultura e á relación entre ciencia e sociedade, colaborando tamén con medios de comunicación para facer accesibles os resultados de investigación.